martes, 6 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018


Esta semana celebramos o ENTROIDO no colexio, unha das festas populares tradicionais e das máis antigas que se celebra na nosa comunidade, con especial significado na provincia de Ourense. 
No colexio, co fin de dar a coñecer todas as "personaxes" e máscaras típicas desta celebración na nosa provincia, facemos eco dunha presentación moi visual (con fotos recollidas en internet) que ilustra moi ben cada un dos "entroidos" que se celebran nos distintos pobos ou vilas da provincia de Ourense. 

Botádelle unha ollada... 
 https://drive.google.com/file/d/0B_MDhftjEGJ4dGdNOUU2SUFoV00/view?usp=sharing


ORGANIZACIÓN PARA O ENTROIDO 

A semana do  5-9 de febreiro facemos caso as ordes do Meco, que serán acumulativas:

  • O luns, 5 de febreiro, non veñas sin o teu SOMBREIRO.
  • O martes, 6 de febreiro, parar rir, traerás un CALCETÍN por riba do teu vestir.
  • O mércores, 7 de febreiro, con moito gozo, traerás ALGO NO PESCOZO.
  • O xoves, 8 de febreiro, para rematar, NARIZ PINTADA, e a bailar!! 
  

O Venres, Día 9 de febreiro, faremos un desfile polas rúas da Valenzá. Os alumnos sairán disfrazados da seguinte maneira e deste xeito:

1. ALUMNOS DE 2º E.P- DISFRAZADOS DE LUME.
2. ALUMNOS DE 1º E.P- DISFRAZADOS DE BOMBEIROS, APAGALUMES.
3. ALUMNOS DE 5ºe 6º E.P- DISFRAZADOS DE GALEGOS E GALEGAS.
4. ALUMNOS DE E.I- DISFRAZADOS DE GOTAS DE AUGA.
5. ALUMNOS DE 3ºe 4º E.P- DISFRAZADOS DE VEXETACIÓN.  

No Comedor Escolar o día 9 de febreiro, terán un menú relacionado co tradicional día do Entroido.