venres, 23 de febreiro de 2018



24 de FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo de celebración do día de Rosalía de Castro, 24 de Febreiro de 2018, no noso centro decidimos rendirlle homenaxe, para conseguilo poñemos en marcha as seguintes actividades:

 

EDUCACIÓN INFANTIL: 

  • Van facer un poema ilustrado.

  • Aprenden un poema de Rosalía e vanllo recitar os seus compañeiros nos cursos superiores.

  • Debuxan e decoran a Fiestra de Rosalía cun poema.

 EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • Traballar como Unidade didáctica na aula a Rosalía de Castro con materiais adaptados a cada nivel sobre a vida e obra.

  • Van facer a Fiestra de Rosalía e lembrar algúns dos seus poemas.

     

DE FORMA CONXUNTA E COORDINADA entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo das Tics elaboramos un panel da cara de Rosalía formado coas fotos de tódolos alumnos do centro. Está exposto no panel móvil, no hall da entrada o centro. Logo colgarase como recordo nun dos corredores do colexio.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixo un mural de Rosalía de Castro que agora mesmo está colgado na entrada. O mural relaciona museos, colexios, billete, avión, rúas...que levan o nome de Rosalía na súa HONRA.

 

Tamén soara música con poemas de Rosalía de Castro, na entrada e saída dos alumnos o colexio, así como tamén durante o tempo de recreo.

 

Deixamos aquí enlaces e recursos para saber maís sobre Rosalia. (Preme nas imaxes) 

 

http://rosaliadecastro.org/

24 febreiro, día de Rosalía

 
POEMAS FEITOS CANCIÓN
 Versión ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES...para tódolos gustos!!!
 
 
 
 
 
karaoke da canción de Amancio Prada sobre o poema de Rosalía de Castro: repoludo gaiteiro
 
 

Animación realizada polos alumnos/as do obradoiro de educación Plástica, IES AS BARXAS,MOAÑA. 1º premio no concurso Imaxina Cantares! na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria.
 
Animación en stop-motion dun poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, realizada polo alumnado de primeiro de bacharelato, na asignatura de TIC.