mércores, 13 de decembro de 2017

XA FALTA MENOS PARA O NADAL!!!


O NOSO COLEXIO VÍSTESE DE NADAL
Temos que dicir que o noso colexio está fermoso decorado de Nadal. Os mestres xunto cós alumnos/as traballaron moitísimo para facer que o Nadal sexa "Máxico"...que todos os nenos/as teñan ilusóns, desexos e sobre todo pensamentos positivos para eles a para o mundo que os rodea...

Tal e como vimos facendo, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, deixamosvos enlaces moi interesantes de recursos e actividades para estas próximas festas de Nadal.  (preme na imaxe)

 



http://materialprimaria.org/?cat=64

 

Postais de felicitación de Nadal en galego 

Deixamos aquí dous enlaces para felicitares o Nadal en galego con postais electrónicas. Ben bonitiñas todas elas!!!!


Maís actividades. Esperamos que vos gusten.  

(Preme na imaxe)

http://www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/522


Novo dicionario dixital actualizado: Digalego. Unha ferramenta moi util

Un novo dicionario dixital máis actualizado e con máis de 65.000 entradas. Así é Digalego, realizado pola editorial ‘Ir Indo’ e que a Xunta vén de poñer a disposición de toda a cidadanía, con acceso gratuíto. Trátase dunha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, para unha obra que levou 20 anos de traballo e investigación e que agora pasa a propiedade da Administración autonómica. O acceso está xa dispoñible no enlace digalego.xunta.gal, así como a través do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.
 
 
O dicionario inclúe un ‘repertorio de formas incorrectas’ con voces non admitidas en galego
 O dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán. Facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet.
Cabe salientar que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.
 

DEZ PASOS PARA REVITALIZARMOS O GALEGO

Facemonos aquí eco dunha campaña promovida, xa fai uns meses, pola Mesa Pola Normalización Lingüística  a que nos sumamos.
Nela promoven dez pasos "para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos"
"Este decálogo está baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego"                 
(Mesa Pola Normalización Lingüística)
(Premede na imaxe para acceder á web da Mesa)

Tamén podedes ver estes pasos no seguinte video:

luns, 4 de decembro de 2017

CONCURSO- EXPOSICIÓN POSTAIS DE NADAL

 

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación co equipo de Dinamización das Tics, puxemos en marcha o concurso de Postais de Nadal e convidamos a todos os alumnos/as do centro a participar. 

 

 

 As BASES do concurso explican o seguinte:

  • PARTICIPANTES: tódolos nenos e nenas do centro.

    CONDICIÓN: será obrigatorio realizar a actividade no colexio, en clase de plástica. Non poderán ser feitas na casa.

  • BASES: será a metade dunha cartolina tamaño A4. (  Escoller a cor que queiran).

  • MENSAXE DO TEXTO: en Galego. Todas levarán o nome correspondente do alumno/a e o curso.

  • TÉCNICAS E MATERIAIS: pódense empregar todo tipo de materiais e técnicas (pintura, collage, pegamento...) respetando sempre o formato.

    Como novidade, os alumnos poderán diseñar as Postais de Nadal en formato dixital, para tal motivo, dispoñen da aula de informática durante o tempo do recreo, tendo un mestre a disposición para axudar e para a vixilancia da clase. 

  • ENTREGA: a data tope de entrega será o martes día 12 de Decembro 2017.

  • NOTA: as tarxetas premiadas editaranse no xornal escolar correspondente a este curso. Elixirase unha que será enviada como felicitación aos membros da comunidade educativa polo Nadal.

     

  • GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN 

luns, 27 de novembro de 2017


Día Internacional contra a Violencia de Xénero

     

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o EDLG aportamos uns vídeos para facer reflexionar e fomentar  a igualdade e a erradicación da violencia de xénero. 


- "Nin un bico á forza": conto de Marion Mebes, versionado polo alumnado do CRA de Remuíños. Un conto que ensina a dicir NON!


- "Proxecto Iguais, Eu quero ser...": experiencia no CPI Atios de Valdoviño.

  

ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación primaria, participaron nun acto celebrado no salón de actos do centro, en contra da violencia de xénero. (Todas as fotos e videos na web do centro)

 

xoves, 16 de novembro de 2017

EU FALO GALEGO PORQUE...

CONTÁXIATE ...

Vídeos de Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco que mediante os recursos da linguaxe publicitaria promoven o emprego da lingua galega entre a xente moza.  

 

VIDEOPOEMA "EN GALEGO"

Fermoso videopoema de Miguel Ángel Alonso Diz 

 



mércores, 15 de novembro de 2017

GalApps

TODA A LINGUA GALEGA NO TEU PETO

Dende o Equipo de Coordinación da Lingua Galego damos a coñecer:

GalApps son unha suite de aplicacións de lingua galega para móbiles.



Concretamente, as ferramentas son: ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGaleto, todas elas integradas na suite GalApps, Toda a Lingua Galega no teu Peto. Permiten conxugar verbos en galego, buscar o significado de termos galegos e traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Deste modo, a nosa lingua é a primeira en dispor dun feixe específico de aplicacións para as dúas plataformas móbiles.

Os autores son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta

As aplicacións pódense descargar gratuitamente na AppStore de Apple e no AndroidMarket.